Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

No mes do libro ademais de realizar esta adquisición contaremos con varias actividades: a Biblioteca Viaxeira e a presentación de Raquel Castro.

O Concello de Salvaterra de Miño ven de realizar unha compra de máis de 50 libros para a Biblioteca Municipal de Salvaterra co fin de actualizar o catálogo e ofertar máis títulos ós usuarios das instalacións. Entre os libros que se incorporan atopamos novelas para adultos, literatura infantil e libros de primeira lectura para @s máis pequen@s. Dende a Concellería de Cultura continuase apostando polo espazo da Biblioteca que cada vez reúne a máis persoas de tódalas idades que buscan novos títulos e unha oferta ampla; oferta que se complementa coa solicitude de libros dos que non dispoñemos á Rede de Bibliotecas de Galicia da Xunta de Galicia ademais de contar coa plataforma GaliciaLe da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Recordamos que coincidindo co mes do libro, durante o mes de abril organizamos varias actividades. Por unha banda o vindeiro sábado 27 de abril ás 12:00 horas na Biblioteca Municipal de Salvaterra a escritora Raquel Castro de Salvaterra de Miño presentará ós asistentes as súas obras e falará da súa biografía na Biblioteca Municipal. Para @s pequen@s de 3 a 10 anos o Concello tamén organiza unha “Biblioteca Viaxeira” que se celebrará o 18 de abril no Centro Cultural de Alxén, o 19 de abril no Centro Cultural de Fornelos, o 25 de abril na Casa do Maior en Leirado (espazo da biblioteca) e o 26 de abril na Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño. As actividades todas gratuítas comezarán ás 18:00 horas.

17 04 24 Día do Libro Biblioteca Municipal

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia