O Concello de Salvaterra de Miño organiza en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia un curso de novas tecnoloxías para maiores dentro do programa “Mellor Acompañad@s”. O curso terá lugar os días 18, 25 de marzo e 1 e 8 de abril en dúas ubicacións diferentes na Casa do Maior en Leirado de 09:00 a 11:00 horas e na Casa do Conde de 11:30 a 13:30 horas. A actividade totalmente gratuíta ten como fin que as persoas maiores de 65 anos sexan capaces de desenvolverse cun caixeiro automático, utilizar o teléfono móbil (agregar contactos na axenda, realizar vídeochamadas, utilizar o GPS, descargar aplicacións, conectarse a unha rede Wifi, entre outras), utilizar as máquinas de quendas dos hospitais e operar na aplicación do Sergas. Para inscribirse as persoas interesadas poderán facelo a través do correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou ben no teléfono 629 77 01 77.

Cartel Curso novas tecnoloxías salvaterra