Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

A ruta que continúa este venres reforazará a oferta co fin de atraer máis público que non puido degustar os pinchos. A I Ruta Pinchoterra de Salvaterra de Miño bate récords no segundo venres con máis de 3000 pinchos vendidos entre os 26 establecementos adheridos. Xa na primeira xornada que inauguraba a iniciativa foran máis de 2000 os pinchos servidos e deixando ó público sen poder probar moitos deles tras esgotar existencias. Mañá venres continúa a ruta na que os hostaleiros reforzarán de novo o servizo que prevé unha nova xornada de éxito cos locais cheos. Recordamos que a iniciativa que parte do Concello de Salvaterra de Miño coa colaboración dos establecementos pretende por en valor o bo facer da nosa hostalaría e a calidade do produto ofertado. Recordamos que a I Ruta Pinchoterra ten lugar todos os venres do mes de abril e que conta cun sorteo de 37 premios. Aquelas persoas que participen poderán gañar un primeiro premio que consiste nun vale de 260 euros para consumir nos locais adheridos, 26 premios máis aportados polos establecementos e 10 Bonos para o Espazo Termal de Teáns-Oleiros. Para participar cada consumidor deberá recoller o seu pasaporte nos locais adheridos e conseguir un total de 6 selos (6 pinchos diferentes), cubrir os seus datos persoais e contestar cal foi o seu pincho favorito. Toda a información referente á ruta como horarios, locais, ubicacións, pinchos e sorteos poderá consultarse na web pinchoterra.concellodesalvaterra.com

Pinchoterra

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia