| Historia |
|
|
Salvaterra atópase nun lugar estratéxico no sur da provincia de Pontevedra. O Miño baña as súas terras á vez que as une e separa de Portugal. É a capital histórica do Condado. Os romanos percorreron estas terras asentándose sobre os antigos castros celtas e construiron novas vías de comunicación para conectar este territorio co resto da provincia de Galaecia. No século X encontramos as primeiras referencias documentais o noso territorio. Durante o Medievo foi escenario das andanzas da Raiña Dona Urraca e dos seus fornidos cabaleiros medievais. No século XV, no castelo de Salvaterra sucedéronse diversos episodios da Guerra Irmandiña. Na primeira metade do século XVIII, a vila de Salvaterra foi ocupada polos portugueses y os seus habitantes loitaron valentemente contra eles. Recuperada da estadia dos lusos, lentamente, cimentados nunha rica historia local e con paso firme avanzamos cara un futuro cheo de novos proxectos.
|
|
|