Salvaterra de Miño conta cunha rede de Casas e Centros Culturais espallados polas dezasete parroquias.
Deste xeito, cada parroquia dispón de recursos de apoio para organizar exposicións, conferencias, cursos, actuacións e outras actividades dinamizadoras do tecido socio-cultural.
Estes lugares convértense así nun foro, nun espacio común, de iniciativas socio-culturais e de intercambio de relacións entre os habitantes destas parroquias.
Desempeñan tamén o papel de focos culturais arredor dos que xiran asociacións e agrupacións veciñais e folclóricas que utilizan estas infraestructuras para as súas actividades.