Pz. da Constitución  /  36450 Salvaterra de Miño (Pontevedra)
tlfs: 986 658 126 - 986 658 082  /  fax: 986 658 360
e-mail: info@concellodesalvaterra.org
O municipio


  Salvaterra de Miño está situada ao sur da provincia de Pontevedra, onde o río Miño é a fronteira natural con Portugal.

  Ubicado na Comarca do Condado do Tea, o concello ten unha extensión de 62 Km² e está constituído por 17 parroquias, con case 9.000 habitantes.

  O territorio municipal mantén unha altitude case constante de 100 metros sobre o nivel do mar, sendo escasas as elevacións que superen os 300 metros. Debido á súa clara exposición ao sur e ao abrigo do norte, Salvaterra de Miño, desfruta dun microclima excepcional, denominadao subhúmido de tendencia atlántica e caracterizado por temperaturas suaves e abundantes precipitacións concentradas nos meses de outono e primaveira.

  O seu relevo chan e a abundancia de auga únense ao seu especial microclima para convertir a todo o concello nunha envexable horta na que predominan extensas plantacións vitivinícolas e hortícolas. A elo contribúen os seus cinco ríos: Uma, Tea, Caselas, Mendo e por suposto o pai Miño.

O Concello
O Municipio
Axenda
Parroquias
Rueiro
PERFIL DO CONTRATANTE
Servizos Municipais
Historia
Turismo
ESPECIAL "VERÁN CULTURAL"
Economía
Medio Ambiente
Recursos Culturais
Deporte
Enlaces de interese
Axenda
Base Fotográfica
Nesta sección...
Galería de fotos
  Buscar
 
Aviso legal anterior        arriba         seguinte