O Concello de Salvaterra de Miño donou case 6.500 euros para axudar á ONG Mutende de Zambia na que traballa un misioneiro veciño de Salvaterra. A axuda económica permitirá a construcción de 15 kilómetros de pista entre Kimabokwe, en Zambia, e a parcela cedida por un xefe dunha tribu; ademais de contribuir á limpeza de 25 hectáreas de chan da finca para podelas adicar de inmediato ao cultivo; e co fin de construir un galpón para gardar produtos e utensilios e unha casa para o encargado da finca. “Nós queremos botar unha man tamén ao responsable da misión de Kasempa, José Manuel Bernárdez Gándara, un salvaterrense da parroquia de Alxén que traballa neste país africano de Zambia”, explica o alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal.
A cooperativa Saint Andrew’s de Kasempa adquiriu recentemente una zona de bosque de 250 hectáreas que fue doada polo xefe da tribu e que servirá de granxa-escola co fin de impartir cursos de agricultura para a xente xove así como cultivar cereais e introducir en Kasempa o uso de animais na agricultura como instrumento para as tarefas agrícolas. A medio prazo os obxectivos desta misión son reforzar a dieta dos leprosos, enfermos de SIDA e de tuberculose así coma os orfos do distrito en xeral dos que está encarregada a misión de Saint Andrew’s e da que dependen. Ademais queren ampliar e diversificar os cultivos de xeito que a xente poida plantar tamén solla, xirasol, algodón, mandioca, legumes e froitas. Tamén se plantexaron producir leite e carne para mellorar a alimentación.
Documentación
Kasempa á un dos nove distritos da rexión Noroeste de Zambia. O país ten unha poboación de 12 millóns de habitantes, dos que un 64% vive en zonas rurais. Os menores de 15 anos son o 46% da poboación e os maiores de 65 años soamente o 2,4%. A esperanza de vida é de 37,5 años e a tasa de mortalidade infantil de 182/1000. O 45% non ten acceso a auga potable e soamente o 45% ten un saneamento adecuado. O número de médicos é de 7/100.000 habitantes. Os infectados polo VIH/Sida son o 15,6% da poboación entre os 14-49 años, e está a facer estragos sobre todo na cantidade de orfos que quedan en total desamparo. Calcúlase que en Zambia existen 1 millón de orfos. O analfabetismo acada o 41% entre as mulleres e o 24% entre os homes e a taxa de escolarización de nenos no primeiro ciclo é do 50% para os nenos e do 45% para as nenas. A súa débeda externa é de 5.866 millóns de dólares á que teñen que aplicar o 9% do PIB. A taxa interanual de inflación é do 48,4%. Os seus recursos básicos son cobre, cinc, carbón, cobalto y chumbo, estando a súa explotación en mans de multinacionais extranxeiras, sobre todo sudafricanas, e o comercio e a construción en mans dos indios. Hai produción de cana de azucre, millo, mandioca y cereais.
En Kasempa esta situación é especialmente grave, porque á a zona máis pobre do país, situada ao norte do país na fronteira co Congo e Angola. Ten unha poboación duns 75.000 habitantes que se adican casi na súa totalidade á agricultura e á pesca nos ríos dunha forma moi rudimentaria. Como é unha rexión situada entre os parques naturais do Kafue e do Luishi a súa agricultura está moi pouco desenvolvida e a gandeiría é nula debido á mosca Tse-Tse. A súa única ferramenta para o cultivo á aixada. Ao non haber gandeiría non poden usarse aos animales para o cultivo nin para a alimentación. De feito, en todo o distrito no existe ningunha carnicería.
Esta situación leva a un descoñecemento total da gandeiría e da agricultura, feito que se ve agravado polo mesmo modo de vida da tribu Kaondé, que é a que pobla esta zona porque son seminómadas e isto fai aínda máis difícil que poidan adicarse e desenvolver a gandeiría e a agricultura.
Este distrito, igual que o resto de Zambia, está sendo moi castigado pola SIDA, deixando miles de orfos e casas onde o cabeza de familia é un neno menor de idade, o que repercute negativamente nos niveis de educación e na sanidad. Aínda que se conta con algúns medicamentos, son pouco eficaces se non van acompañados dunha boa alimentación e producen nos enfermos tal malestar que optan por deixarse morrer.
Outra epidemia da zona é a lepra. Os leprosos carecen de toda atención médica, alimenticia e de vivenda. De feito algúns viven aínda na selva e como non poden traballar viven en total abandono dependendo exclusivamente da atención que lles presta a Misión. Construíronse dous poboados e conseguiuse que varias familias de leprosos se asentasen alí. É esta enfermidade a grande esquencida porque non está de moda e leva consigo unha estigmatización social debido ao medo ao contaxio.