30 04 24 Cartel Salvaterra MilenariaA programación terá lugar o vindeiro 25 de maio e contará con postos e actividades para nen@s e familias. O vindeiro 24 de maio celebramos os máis de mil anos de historia da vila de Salvaterra de Miño, xa que o primeiro documento escrito que fai referencia a esta localidade foi asinado o 24 de maio do ano 991. Con motivo desta celebración, o Concello de Salvaterra de Miño prepara un día de actividades no recinto amurallado pensada para tod@s. Nesta ocasión dende a Concellería de Cultura organízase un mercado-exposición onde comercios, artesáns ou asociacións interesados poderán participar deste evento que terá lugar o sábado 25 de maio durante todo o día. Ademais o Concello de Salvaterra tamén ten programadas actividades para @s nen@s pola mañá con xogos populares e contos sobre a historia de Salvaterra e pola tarde unha actividade familiar con acertixos e probas. Aqueles interesados en participar no mercado-exposición deberán enviar os seus datos a seguinte dirección de correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

iconoPDFBASES MERCADO EXPOSICIÓN SALVATERRA MILENARIA.