SALVATERRA DE MIÑO REFORZA O HORARIO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CARA ÓS EXAMES E RECUPERACIÓNS

O horario será continuo dende o 13 de maio e ata 5 de xullo para todos os estudantes que preparan os exames de ABAU e finais e recuperacións. Como ven sendo habitual o Concello de Salvaterra de Miño reforza o horario da Biblioteca Municipal nos meses de exames finais e que coinciden coas probas da ABAU. Este ano a ampliación será dende o 13 de maio e ata o 5 de xullo en horario continuo dende as 09:00 horas e ata as 20:00 horas de luns a venres. Deste xeito, o Concello segue apostando por un novo espazo adaptado ás necesidades dos estudantes que dispón de ordenadores, enciclopedias e libros que serven de consulta e aprendizaxe para calquera que o precise e que ademais conta cunha sala infantil con libros e xogos e un espazo polivalente para presentacións de traballos, obradoiros e reunións informativas.

23 01 23 Biblioteca Municipal Salvaterra 223 01 23 Biblioteca Municipal Salvaterra 3