Un ano máis e como ven sendo habitual nesta época do ano, o Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de concienciación ante a Vespa Velutina e a partires do día 8 de febreiro estarán a disposición dos nosos veciños e veciñas 150 trampas e 300 doses de líquido atraínte para loitar contra a súa proliferación. Así, o Concello fai unha chamada á poboación sobre a importancia do trampeo neste momento, XA QUE É O MOMENTO DE COLLER AS RAIÑAS, e cun simple xesto, colocando unha trampa, podemos facer moito. Por este motivo o Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de concienciación e repartirá 150 trampas e 300 doses de líquido atraínte. Todas as persoas interesadas poderán pasar polo Concello a recoller a súa trampa e a dose de líquido a partir deste xoves 8 de febreiro en horario de 09:00 a 14:00 horas.

05 02 24 Trampas Velutinas